Neste artigo vou falar da publicidade, que está ou estivo en boca de todos por causar fortes polémicas. Os máis común danse por estar impregnados de violencia, machismo, racismo... etc.
O debate que quero deixar aberto con isto é: ata que punto se poden utilizar os aspectos máis negativos da sociedade na publicidade? deberíanse poñer límites á liberdade de expresión?
Para comezar non podería pasar por alto a última campaña de Dolce & Gabbana, que foi retirada porque o Insituto da Muller considerou que incitaba a violencia de xénero e que era unha mala influencia. As razóns polas que é acusado o anuncio é sobre todo a posición autoritaria e impoñente que ten o rapaz agarrando con forza á rapaza que está tirada no chan. Si nos poñemos a analizar, pode ser que a postura non sexa a máis acertada, pero dende logo cando o vin por primeira vez, a violencia de xénero non foi o primeiro que se me veu a mente. Máis ben, suxeriume pasión, sensualidade.

Pode que non fora comprendido de todo, e que realmente quixera transmitir ese aire sexy da marca, ou tampouco sería de extrañar que dende un principio buscase polémica para darse máis publicidade. O caso é que, precisaunha marca como Dolce & gabanna máis publicidade? Creo que é positivo que haxa institucións que se adiquen a controlar a publicidade, pero neste caso considero que se tomou unha medida excesiva.
Persoalmente opto por unha maior liberdade expresiva, cos seus límites, si, pero dun xeito xusto, claro e razonado.
Hai moitos casos de anuncios criticados e tachados demachistas, por exemplo os da marca de desodorante Axe, o todo un clásico xa "márcales el camino", que na miña opinión deixa moito que desexar, pero entendo que a outros lles guste e incluso poido ver nel certo toque de humor. O certo é que teño mui claro que, como muller, oféndeme moitísimo máis todos os anuncios que poñen indirectamente á muller como obxeto, como coches, motos, xoias... que enfocan o anuncio en como conseguir á muller. Paréceme sinceramente patético. E o que é peor ainda; todos aqueles anuncios de produtos de limpeza, ou que teñen que ver co fogar. Preguntástedesvos algunhavez por que casualmente a protagonista do anuncio SEMPRE é unha muller?? que máis machismo pode haber? Califícoo de indignante. Porque son os pequenos detalles os que fan que esta sociedade ainda siga a ser sexista.

Lo que paso con este anuncio de D&G me parecio excesivo,yo ya habia visto esta foto hace un tiempo antes de k surgiera toda la polemica y en ningun momento pense k incitara a la violencia de genero, mas bien me parecio un montaje muy original, se podria decir k la foto es polemica...aunk yo prefiero kedarme con que es ORIGINAL,SEXY,PROVOCATIVA.......y acaso la firma D&G no refleja eso con sus disenhos? kien la conozca sabra k si.
No encuentro la violencia en esta foto pero bueno...D&G no creo k necesite mucha publicidad ya que la ropa,complementos,calzado........se venden solos.
Muy interesante el blog.